jueves, 13 de noviembre de 2014

España na segunda metade do XIX

Contexto histórico:

Pablo Iglesias nace 1850 nunha época baixo o reinado de Isabel II, caracterizado pola alternancia no poder entre conservadores e progresistas, no ano 1863 estalla unha crise, que remataría no 1868 e que provocaría o exilio da raíña Isabel II baixo o nome de revolución gloriosa que coloca no trono español ao rei Amadeo de Saboya, establecendo unha monarquia parlamentaria.



Este período, desde 1868 ata 1873 será coñecido como o sexenio democrático, marcado pola presión republicana, atentados contra a vida do monarca, a guerra en cuba e a Terceira Guerra Carlista.

As cortes deciden instaurar a I República española, caracterizada pola súa inestabilidade e brevidade (11 meses) debido ao golpe de Estado do xeneral Manuel Pavía, nestes anos Pablo Iglesias fundará o Partido Socialista e a Unión General de Trabajadores.



A seguinte etapa e coñecida como A Restauración, caracterizada pola paz no goberno e a guerra nas colonias de Marrocos e Cuba, nesta época reina en España Alfonso XII, o fillo de Isabel II. Durante esta etapa altérnanse no poder conservadores e progresistas mediante pactos entre eles. No ano 1898 España perde as súas últimas colonias (Puerto Rico, Cuba y Filipinas)


O seguinte rey español é Alfonso XIII, durante o seu reinado Pablo Iglesias conseguirá o seu primer escaño no parlamento español (1910), tras o desastre na Guerra de Marrcos e unha inestabilidade tanto política como ecónomica, o xeneral do exército Miguel Primo De Rivera da un golpe de estado en 1923 apoiado pola Igrexa, o rei Alfonso XIII e a gran maioría do pobo, acabando coas liberdades fundamentais, ata a morte de Pablo Iglesias no ano 1925


Wikipedia.org
Google Imagenes
Youtube
http://www.materialesdelengua.org/LITERATURA/HISTORIA_LITERATURA/UNAMUNO/XIX_XX_contexto.pdf
http://www.slideshare.net/MrMannequin/contexto-histrico-social-poltico-y-econmico-de-espaa-en-la-vida-de-benito-prez-galds


No hay comentarios:

Publicar un comentario